Nikolaus von Amsdorf
Nikolaus von Amsdorf, nado en Torgau en 1483 e finado en Eisenach en 1565, foi un reformador protestante alemán.
Nikolaus von Amsdorf | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1483 |
Lugar de nacemento | Torgau |
Falecemento | 14 de maio de 1565 |
Lugar de falecemento | Eisenach |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Universidade de Leipzig, Thomasschule zu Leipzig e University of Wittenberg |
Ocupación | pastor luterano, teólogo e profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recentemente aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.
Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar a unha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)