Nieuwe Kerk (Ámsterdam)

igrexa de Ámsterdam, nos Países Baixos

Coordenadas: 52°22′26″N 4°53′30″L / 52.3739, 4.8917

A Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) é unha igrexa do século XV en Ámsterdam, que se atopa na Praza Dam, xunto ó Palacio Real.

Nieuwe Kerk.

Historia editar

O bispo de Utrecht deulle á cidade de Ámsterdam permiso para empregar unha segunda igrexa parroquial en 1408 debido a que a Oude Kerk (Igrexa Vella) era demasiado pequena para a crecente poboación da cidade. A Nieuwe Kerk foi consagrada a Virxe María e santa Catarina.

A igrexa foi danada polos lumes da cidade de 1421 e 1452 e queimouse case na súa totalidade en 1645, tralo cal foi reconstruída en estilo gótico. Someteuse a reformas importantes en 1892-1914, o que engadiu moitos detalles neogóticos, e foi anovada en 1959-1980. Foi despois da renovación da década de 1970, que chegou a ser demasiado custosa para a Igrexa reformada neerlandesa, cando se pensou en pechar o templo para aforrar cartos en mantemento; decidiu entón transferir a propiedade en 1979 a unha organización cultural acabada de formar, chamada Nacional Stichting De Nieuwe Kerk.

A Nieuwe Kerk é o lugar de enterro dos heroes navais neerlandeses, incluíndo o almirante Michiel de Ruyter, o comodoro Jan van Galen e Jan van Speyk. O poeta e dramaturgo Joost van den Vondel tamén está enterrado na igrexa.

O 2 de febreiro de 2002, foi o escenario da voda do daquela príncipe herdeiro dos Países Baixos, Guillerme Alexandre, coa arxentina Máxima Zorreguieta.

O 30 de abril de 2013, foi o escenario da coroación de Guillerme Alexandre como monarca do Reino dos Países Baixos.

Galería de imaxes editar