Abrir o menú principal

Nicholas Smisko, nado o 23 de febreiro de 1936 en Perth Amboy (Nova Jersey) e finado o 13 de marzo de 2011, foi un bispo ortodoxo dos Estados Unidos. Foi o terceiro bispo da diocese ortodoxa rutena de América, baixo xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.

Nicholas Smisko
Bispo da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1936 en Perth Amboy, Nova Jersey
Pasamento13 de marzo de 2011
Ordes
Ordenación sacerdotal11 de xaneiro de 1959, por Orestes Chornock
Consagración episcopal13 de marzo de 1983, por Iakovos Koukouzis
Primado da diocese ortodoxa rutena de América
1985 - 2011
PredecesorJohn R. Martin
SucesorGregory Tatsis

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu co nome de Richard Smisko o 23 de febreiro de 1936. Logo de completar os estudos de secundaria en Perth Amboy, estudou na Universidade Estatal de Youngstown e na Universidade de Pittsburgh en Johnstown, antes de estudar no Seminario de Cristo Salvador de Johnstown. Foi ordenado sacerdote o 11 de xaneiro de 1959 polo bispo Orestes Chornock. Posteriormente ampliou os seus estudos no seminario patriarcal de Istambul.

En 1982 foi nomeado bispo titular de Amissos e bispo auxiliar da Igrexa Ortodoxa Ucraína en América polo Sínodo da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. Recibiu a consagración episcopal o 13 de marzo de 1983 de mans do arcebispo Iakovos Koukouzis da arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur.

Logo da morte de John R. Martin en setembro de 1984, Nicholas Smisko foi elixido como o seu sucesor o 25 de novembro de 1984, e entronizado en abril de 1985. En 1997 foi elevado ao rango de metropolita polo Patriarcado Ecuménico.

Finou o 13 de marzo de 2011 de cancro.

NotasEditar

Véxase taménEditar