Abrir o menú principal

John R. Martin, nado o 5 de xaneiro de 1931[1] en Pittsburgh (Pensilvania) e finado en 1984, foi un bispo ortodoxo dos Estados Unidos. Foi o segundo bispo da diocese ortodoxa rutena de América, baixo xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.

John R. Martin
Bispo da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1931 en Pittsburgh, Pensilvania
Pasamento1984
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de maio de 1955
Consagración episcopal6 de outubro de 1966, por Iakovos Koukouzis
Bispo de América
1977 - 1984
PredecesorOrestes Chornock
SucesorNicholas Smisko

TraxectoriaEditar

John R. Martin naceu o 5 de xaneiro de 1931 en Pittsburgh, Pensilvania, fillo de John e Veronica Mihach Martin. Comezou a súa educación en Munhall, e posteriormente estudou nos seminarios St. Fidelis Seminary and College de Herman, e Ss. Cyril and Methodius Byzantine Catholic Seminary de Pittsburgh.[2] Obtivo tamén un grado en Arte pola Universidade Duquesne.[2] Logo de recibir tarefas pastorais en varias parroquias, estudou Filosofía na Universidade Stanford (California). O 29 de maio de 1955, John foi ordenado sacerdote[1] na metrópole católica rutena de Pittsburgh.

Logo de pasar á Igrexa Ortodoxa en 1966,[2] foi elixido bispo o 15 de agosto do mesmo ano,[1] e nomeado bispo coadxutor da diocese rutena de América, co título de bispo titular de Nyssa.[2] Foi consagrado bispo o 6 de outubro de 1966[1] na Catedral de Cristo Salvador de Johnstown, Pensilvania. O principal consagrante foi o arcebispo Iakovos Koukouzis da arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur.

Logo da morte do metropolita Orestes Chornock o 17 de febreiro de 1977, Martin foi nomeado bispo da diocese polo Santo Sínodo do Patriarcado Ecuménico.[2]

Durante o seu episcopado, Martin actualizou a estrutura administrativa da diocese. En 1978 mercou un grande terreo en Tuxedo Park (Nova York) no que contruiu un mosteiro diocesano, o Mosteiro da Anunciación.[3]

Logo de exercer como xerarca durante dezaoito anos, Martin finou repentinamente 30 de setembro de 1984, logo dunha celebración en honra dun crego e da súa dona. O seu funeral foi celebrado o 4 de outubro de 1984, na catedral de Cristo Salvador.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 American Carpatho-Russian Youth (1974). Annual and Church Almanac (en inglés) 26. p. 248. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 New York Times & Arno Press, ed. (1984). The New York Times Biographical Service (en inglés) 15. p. 1337. 
  3. 3,0 3,1 Nicholas Smisko (1 de setembro de 2009). "Archpastoral Letter On The Twenty-Fifth Anniversary of the Repose of His Grace, Bishop John". 

Véxase taménEditar