Nicanor Rodríguez Álvarez
Nicanor Rodríguez Álvarez, nado en Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 15 de maio de 1904 e finado en Meás o 2 de xuño de 1939, foi un carpinteiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1904 Gaiás, España |
Morte | 2 de xuño de 1939 (35 anos) Meás, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCarpinteiro de profesión asentado en Meás. Co triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Lobeira e elixido primeiro tenente-alcaide. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 11 de xaneiro de 1937. Estivo preso primeiro en Celanova, posteriormente en Ourense, para novamente ser transferido a Celanova. Foi excarcerado en 1938 con graves problemas de saúde. Morreu no seu domicilio a consecuencia das secuelas provocadas polo maltrato a que foi sometido durante a súa detención e na prisión. En 1941 foi condenado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas a unha multa de 100 pesetas.
Vida persoal
editarCasou con Segunda Álvarez Domínguez.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Represión franquista en Ourense Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine.