Nguyễn Thị Kim Ngân

Nguyễn Thị Kim Ngân, nada en Châu Hòa o 12 de abril de 1954, é unha política vietnamita. Presidenta da Asemblea Nacional de Vietnam[1] dende o 31 de marzo de 2016 e membro do Politburó do Partido Comunista de Vietnam como segunda en rango despois do secretario xeral Nguyễn Phú Trọng.

Nguyễn Thị Kim Ngân
Nguyễn Thị Kim Ngân.jpeg
Nacemento12 de abril de 1954
 Ben Tre
NacionalidadeVietnam
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
En 2015 durante unha xuntanza co secretario de traballo dos Estados Unidos
 
En maio de 2016 co presidente dos Estados Unidos, Barack Obama

Ngân naceu nunha pequena vila do distrito de Giồng Trôm na provincia de Bến Tre. Seus pais eran membros da Fronte Nacional de Liberación de Vietnam en territorio controlado poa República de Vietnam, e debido á ausencia do seu pai, que participaba en operacións da organización, educouse coa nai. En 1973 foi a Saigón para estudar na súa universidade pero a caída de Vietnam do Sur en 1975 interrompeu os seus estudos. Tamén realizou estudos de xestión financeira e de xestión de crédito na Universidade de Finanzas. Coa asunción do poder en Vietnam do Sur polo Goberno Revolucionario Provisorio de Vietnam do Sur entrou a traballar na administración con destino no departamento financeiro e económico da 8ª Rexión entre agosto de 1975 e febreiro de 1976. Dende marzo de 1976, e xa co Vietnam unificado en xullo, traballou no departamento de finanzas da provincia de Bến Tre. O 9 de decembro de 1981 entrou no Partido Comunista de Vietnam, efectivo un ano despois[2]. Ao longo dos anos foi ascendendo no seu traballo ata chegar a dirixir o departamento en outubro de 1991. En abril de 1995 recibiu o nomeamento de viceministra de finanzas e permaneceu no posto ata agosto de 2002[2], e en abril de 2001 entrou no comité central do PCV. En marzo de 2006 volveu asumir o posto pero en maio converteuse na nova viceministra de comercio. En maio de 2007 entrou como deputada na Asemblea Nacional[2] e en agosto dese ano fíxose cargo do ministerio de traballo, inválidos e asuntos sociais, posto que mantivo ata xullo de 2011, durante os últimos meses do seu mandato tivo que facer fronte ao rescate dos traballadores vietnamitas en Libia[3]. En xullo de 2011 elixírona vicepresidenta da Asemblea Nacional e en maio de 2013 entrou no Politburó do PCV. O 31 de marzo de 2016 xurou como presidenta da Asemblea Nacional[4].

NotasEditar

  1. "H.E. Nguyen Thi Kim Ngan". Global Summit of Women Speakers of Parliament. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biography of NA Chairwoman Nguyen Thi Kim Ngan". The Voice of Vietnam. 22 de xullo de 2016. 
  3. "Tiểu sử tóm tắt của 2 tân Ủy viên Bộ Chính trị". Báo Giáo dục Việt Nam. 12 de maio de 2013. 
  4. "Bà Kim Ngân thề trung thành với Tổ quốc, nhân dân và hiến pháp". Tuổi Trẻ. 31 de marzo de 2016.