Abrir o menú principal

O Newcastle United Jets é un club australiano de fútbol da cidade de Newcastle, situada na costa de Nova Gales do Sur. O club compite actualmente na A-League e xoga os seus partidos de local no EnergyAustralia Stadium.

Newcastle United Jets
NomeNewcastle United Jets Football Club
Alcume(s)Jets
Fundación2000 (19 anos)
EstadioEnergyAustralia Stadium
Newcastle, Australia
Inauguración1970
Capacidade26.100
PresidenteAustralia Con Constantine
AdestradorCroacia Branko Čulina
LigaA-League
2010-11 (A-League)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O club foi fundado no 2000 como Newcastle United, e xogaba na xa extinta National Soccer League.[1] O actual dono do club é o empresario chipriota-australiano Con Constantine e o seu adestrador é Branko Čulina.

NotasEditar

  1. "Newcastle Jets History". Newcastle United Jets FC. Arquivado dende o orixinal o 06-07-2011. Consultado o 14-09-2007.