Nervo
rapeiro galego
Cristopher Machado Ibáñez, nado en Caracas no 1988, é un rapeiro galego coñecido polo seu nome artístico Nervo.[1] É a voz principal da banda Rebeliom do Inframundo e foi antigo membro de Track Asedio xunto a Duke Sam.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (35/36 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro |
Membro de |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Venezuela e pasou parte da adolescencia no municipio de Ponteareas, considérase un vigués da parroquia de Teis. El e os compañeiros da banda comezaron a rapear nuns bloques a medio facer en Ponteareas, lugar que chamaban o "inframundo". En 2005 forma a banda xunto aos demais integrantes.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Nervo (Rebeliom do Inframundo): «Fixéronnos crer que o amor é unha mentira»". amovida.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Rebeliom do Inframundo". farodevigo.es. Consultado o 2023.