Abrir o menú principal

Nereu de Oliveira Ramos

(Redirixido desde "Nereu Ramos")

Nereu de Oliveira Ramos, nado en Lajes o 3 de setembro de 1888 e finado en São José dos Pinhais o 16 de xuño de 1958, foi un político brasileiro. Foi vice-presidente da República no goberno de Eurico Gaspar Dutra (1947-1951). Electo para o Senado en 1954 polo seu estado, Santa Catarina, tornouse líder do Senado no ano seguinte. No fin de 1955, de acordo coa Constitución brasileira de 1946, tornouse presidente do Brasil, despois da enfermidade de João Café Filho (vice-presidente de Getúlio Vargas, que cometera suicidio en 1954) e do impedimento de Carlos Coimbra da Luz (presidente da Cámara dos Deputados, e segundo na xerarquía para ocupar a presidencia da República no caso de morte ou impedimento do titular).

Nereu de Oliveira Ramos
Presidente Nereu Ramos.jpg
Presidente do Brasil
Período11 de novembro de 1955 - 31 de xaneiro de 1956
AntecesorCarlos Luz
SucesorJuscelino Kubitschek
Datos persoais
Nacemento3 de setembro de 1888
 Lajes
Falecemento16 de xuño de 1958
 São José dos Pinhais
OrganizaciónPSD
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de São Paulo e Universidade de São Paulo
Profesiónavogado e político
Assinatura de Nereu Ramos.svg
editar datos en Wikidata ]

Nereu Ramos gobernou o Brasil ata a pose de Juscelino Kubitschek, presidente electo do Brasil no final de 1955. Tivo que gobernar o país baixo estado de sitio debido á grave crise politica desencadeada polo suicidio de Getúlio Vargas.

Coa pose de Juscelino en 31 de xaneiro de 1956, Nereu Ramos asumiu o Ministerio da Xustiza. No ano seguinte volveu ó Senado. Morreu o 16 de xuño do 1958 nun accidente de avión.

Presidentes de Brasil

Segue a:
Carlos Luz
Nereu de Oliveira Ramos
Precede a:
Juscelino Kubitschek de Oliveira
Partido Social Democrata