A neoescolástica é o renacemento e desenvolvemento da filosofía escolástica da Idade Media que tivo lugar dende a segunda metade do século XIX. É unha corrente filosófica centrada na recuperación e actualización da escolástica cristiá e, en especial, do pensamento filosófico e teolóxico de santo Tomé de Aquino. Algunhas veces, a neoescolástica foi chamada neotomismo, xa que foi Santo Tomé de Aquino quen deu forma final á escolástica no século XIII e, en parte, porque tomou forza a idea de que soamente o tomismo podía infundir vitalidade a unha escolástica do século XX. Na primeira metade do século XX, creáronse importantes escolas neotomistas, entre as cales destacan as de Lovaina (Bélxica), Laval (Canadá) e Washington (Estados Unidos).

O triunfo de Santo Tomé de Aquino, pintura de Benozzo Gozzoli, no Museo do Louvre.

A partir da encíclica Aeterni Patris (1889) de León XIII, o neotomismo converteuse, na práctica, na filosofía oficial da Igrexa católica, aínda que os desenvolvementos posteriores deste movemento neotomista foron progresivamente apartándose dos sectores como "escrava da teoloxía".

Orixes da neoescolástica editar

A ruptura da tradición escolástica comezou no século XIV con Guillerme de Ockham e agravouse durante a época da Ilustración debido á tendencia á secularización do pensamento e a expansión da denominada relixión natural.

No século XIX prodúcense tentativas en diversos países para renovar a tradición escolástica. Un dos representantes máis importantes desta corrente será o filósofo español Jaime Balmes. Viaxou por toda Europa e contactou cos escritores católicos máis relevantes, como Chateaubriand ou o futuro papa León XIII. Criticou desde posicións próximas á filosofía escocesa do sentido común as correntes da filosofía moderna que considerou erróneas, sobre todo o escepticismo, o idealismo ou o panteísmo. O final da súa vida transcorreu en Madrid, onde escribiu as súas obras máis importantes e interesouse polo achegamento entre liberais e tradicionalistas; foi nomeado membro da Real Academia Española. Entre as súas obras cabe destacar O criterio (1845), sobre a certeza, e a Filosofía fundamental (1846).

O apoio definitivo da renovación da filosofía escolásticas será encíclica Aetemi Patris, do papa León XIII, chamado o "papa social", escrita en 1879. Neste documento denúnciase a ideoloxía de homes blasfemos, soberbios, sedutores, que se equivocan e inducen a outros o erro.

As doutrinas erróneas ás que fai referencia son, entre outras, o racionalismo, o materialismo, o idealismo e o positivismo. Aconsella seguir o exemplo dos filósofos que tentaron nestes últimos tempos restaurar a filosofía, renovar a preclara doutrina de santo Tomás de Aquino e devolvela ao seu antigo esplendor.

O movemento doctrinal reforzouse coa creación de centros de estudo de orientación escolástica. Institucións que teñen a súa orixe na exhortación da encíclica Aetemi Patris: As Academias fundadas por vós, ou as que habedes de fundar, ilustren e defendan a mesma doutrina (as de Tomás de Aquino) e úsena para a refutación dos erros que circulan.

Maritain e Gilson editar

Neste intento de recuperar os valores cristiáns encádrase o filósofo máis representativo da neocolástica, o francés Jacques Maritain. Pódeselle considerar iniciador da corrente filosófica denominada humanismo cristián. Foi alumno de Bergson e adheriuse ao socialismo revolucionario; máis tarde converteuse ao catolicismo desde 1908, orientou o seu pensamento cara á obra de Tomé de Aquino. A súa meta é lograr que a filosofía tomista sexa mellor coñecida e aceptada por outras filosofías contemporáneas e, simultaneamente, desenvolver unha sociedade baseada en valores cristiáns.

Outro importante representante do neotomismo foi o historiador da filosofía Etienne Gilson (1884-1978), que realizou brillantes estudos e interpretacións do pensamento tomista. Ensinou na Sorbon, o Collège de France e na Universidade de Toronto. Foi un dos mellores medievalistas de todos os tempos.

A filosofía neoescolástica na actualidade editar

O neotomismo non o único grupo filosófico de inspiración cristiá, xa que se poden atopar correntes seguidoras do agustinismo, do saurismo ou do escotismo. O que sucede é que o neotomismo é o grupo máis importante tanto pola súa influencia como polo número de seguidores asentados principalmente en Francia, Bélxica e Alemaña.

Actualmente,está considerado como un dos grupos espirituais máis recoñecidos; nas reunións da sociedade tomista estúdanse outras correntes filosóficas como o existencialismo. Tamén se poden atopar exemplos da apertura do tomismo cara a outras filosofías na bioética; cos seus estudos profundos do ser da persoa e da súa dignidade; ademais da defensa dos dereitos inalienables do home que non permiten a eutanasia ou o aborto.

Hai que destacar na actualidade o órgano bibliográfico da escola, o Bulletin Thomiste que publica anualmente unhas 500 indicacións de libros e extractos contando ademais con 25 revistas tomistas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Boersma, Hans, Nouvelle Theologie and Sacramental Ontology: A Return to Mystery, (Oxford: OUP, 2009)
  • Cessario, R, A Short History of Thomism, (2005)
  • Kerr, Fergus, After Aquinas: Versions of Thomism, (2002)
  • Kerr, Fergus, Twentieth-century Catholic theologians, (Blackwell, 2007),
  • Kerr, Fergus, ‘Thomism’, in The Cambridge Dictionary of Christian Theology, (Cambridge, 2011)
  • Mettepenningen, Jürgen, Nouvelle Théologie - New Theology: Inheritor of Modernism, Precursor of Vatican II, (Londres: T&T Clark, 2010)
  • Aveling, Rev. F. "The Neo-Scholastic Movement," The American Catholic Quarterly Review, Vol. XXXI, 1906.