Abrir o menú principal

Nelson Algren

escritor estadounidense

Nelson Algren, nado en Detroit (Míchigan) o 28 de marzo de 1909 e finado en Long Island (Nova York) o 29 de maio de 1981, foi un escritor estadouniense.

Nelson Algren
Nelson Algren NYWTS.jpg
Nacemento28 de marzo de 1909
 Detroit
Falecemento9 de maio de 1981
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Illinois em Urbana-Champaign
Ocupaciónescritor e novelista
PremiosNational Book Award
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun sueco convertido ao xudaísmo naceu en Detroit, co nome de Nelson Ahlgren Abraham, a súa familia transladouse a vivir nun barrio pobre de Chicago cando tiña tres anos. Algren graduouse en xornalismo pola Universidade de Illinois en 1931, durante a Gran Depresión, marchou a Texas para traballar nunha gasolineira, alí escribiu a súa primeira historia, So Help Me.

A súa primeira novela, Somebody in Bootswas publicouna en 1935, a súa seguinte novela, Never Come Morning, (1942) retrata o final dun criminal novo en medio do barrio polaco de Northwest Side, onde o propio Algren viviu boa parte da súa vida.

Durante a Segunda Guerra Mundial serviu en Europa, a pesar de ser licenciado denegóuselle a entrada na Officer Candidate School, quizais debido ás súas ideas políticas.

O mundo literario de Algren está cheo de borrachos, chulos, prostitutas, drogadictos, políticos corruptos e gangsters. The Man with the Golden Arm (1950) é a súa novela máis coñecida, Otto Preminger fixo unha versión cinematográfica en 1955.

Algren mantivo fortes vencellos con Simone de Beauvoir e xuntos viaxaron a Sudámerica en 1949.

ObrasEditar

  • Somebody in Boots (1935)
  • Never Come Morning (1942)
  • The Neon Wilderness (1947)
  • The Man with the Golden Arm (1949), concerns heroin addiction
  • Chicago, City on the Make (1951)
  • A Walk on the Wild Side (1956)
  • Nelson Algren's Own Book of Lonesome Monsters (1962)
  • Who Lost an American? (1963)
  • Conversations with Nelson Algren (1964)
  • The Last Carousel (1973)
  • The Devil's Stocking (1983)
  • America Eats (1992)
  • He Swung and He Missed (1993)
  • Nonconformity (1994)
  • The Texas Stories of Nelson Algren (1994)