Neko Case

Neko Richelle Case, nada o 8 de setembro de 1970 en Alexandria, Virxinia, é unha cantante e compositora estadounidense coñecida pola súa carreira en solitario e as súas contribucións como integrante do grupo de indie rock canadense The New Pornographers.

Neko Case
Neko case wiki cropped.jpg
Nome completoNeko Richelle Case
Nacemento8 de setembro de 1970 (49 anos)
OrixeAlexandria, Virxinia Flag of the United States.svg
Ocupaciónmúsica, compositora, guitarrista, compositora de cancións e cantante
Instrumento(s)voz, percusión, piano, guitarra
Relacionado conNeko Case and Her Boyfriends, The New Pornographers, The Corn Sisters, The Sadies, Cub, Maow, The Dodos
Tempo en activo1994 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Case gravou e xirou durante varios anos como Neko Case & Her Boyfriends, antes de actuar só co seu nome. Principalmente interpreta o seu propio material, pero tamén toca e grava versións de cancións de artistas como Harry Nilsson, Loretta Lynn, Tom Waits, Nick Lowe, Buffy Sainte-Marie, Scott Walker, Randy Newman, Queen, Bob Dylan, Neil Young e Hank Williams.