Abrir o menú principal
Foto do Telescopio Espacial Hubble
Foto do Telescopio Espacial Hubble

A Nebulosa do Ovo (tamén coñecida como RAFGL 2688 e como CRL 2688) é unha nebulosa protoplanetaria bipolar situada a uns 3000 anos luz de distancia da Terra.[1] As súas propiedades peculiares foron descritas por primeira vez en 1975 usando datos da lonxitude de onda de 11 µm obtidos por unha sonda do Air Force Geophysical Laboratory (AFGL) en 1971 a 1974. (Anteriormente, o obxecto fora catalogado por Fritz Zwicky como un par de galaxias). Foi a primeira protoplanetaria descuberta.[1]

A característica que define a Nebulosa do Ovo é a serie de arcos brilantes e círculos que rodean a estrela central. Unha densa capa de gases e pó envolven á estrela central, bloqueando a luz directa da nosa vista. Non obstante, a luz da estrela central penetra nas rexións máis delgadas deste recinto poeirento, iluminando as capas exteriores do gas para crear os arcos vistos nas imaxes.

É moi probable que o recinto de pó ao redor da estrela central sexa un disco. As saídas bipolares na imaxe indican que o sistema ten un momento angular (algo moi probable xerado por un disco de acreción). Ademais, a xeometría do disco explicaría o espesor variable do envoltorio que permite que a luz se escape ao longo do eixe do disco e ilumine as capas exteriores do gas, pero aínda así o bloquea da vista directa ao longo do bordo do disco. Aínda que se confirmaron discos de pó en torno a varios obxectos post-AGB,[2] aínda non se confirmou un disco ao redor da nebulosa do ovo.

Os arcos que poden observarse son equivalentes a aneis nun tronco de árbore, revelando a súa idade: manifestan cambios entre 100 e 500 anos nunha historia total duns 10 000 anos. O gas está a expandirse a uns 20 km/s, e a materia detéctase até uns 0,6 anos luz, proporcionando asemade un medio para medir a cantidade de materia na nebulosa.[1]

A nebulosa do ovo foi fotografada pola Wide Field and Planetary Camera 2 (WFPC2) do telescopio espacial Hubble da NASA / ESA.

A nebulosa do ovo emite luz polarizada[3] que tamén pode ser detectada visualmente cun telescopio de tamaño medio.[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Understanding the Egg Nebula". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-15. 
  2. De Ruyter, S.; Van Winckel, H.; Maas, T.; Lloyd Evans, T.; Waters, L. B. F. M; Dejonghe, H. (2006-02-24). "Keplerian discs around post-AGB stars: a common phenomenon?". Astronomy & Astrophysics 448 (2): 641–653. ISSN 0004-6361. doi:10.1051/0004-6361:20054062. 
  3. Sahai, Raghvendra; Hines, Dean C.; Kastner, Joel H.; Weintraub, David A.; Trauger, John T.; Rieke, Marcia J.; Thompson, Rodger I.; Schneider, Glenn (1998-1). "The Structure of the Prototype Bipolar Protoplanetary Nebula CRL 2688 (Egg Nebula): Broadband, Polarimetric, and H[TINF]2[/TINF] Line Imaging with NICMOS on the [ITAL]Hubble Space Telescope[/ITAL]". The Astrophysical Journal (en inglés) 492 (2): L163–L167. ISSN 1538-4357. doi:10.1086/311108. 
  4. Martin Schoenball. "Proto-planetary Nebulae". www.schoenball.de. Consultado o 2019-04-15.