Near to the Wild Heart of Life
Near to the Wild Heart of Life é o terceiro álbum de estudio da banda canadense de rock alternativo Japandroids, publicado o 27 de xaneiro de 2017 a través do selo ANTI-. Foi descrito polo grupo como o seu primeiro intento de facer un "álbum de estudo adecuado" e conta cunha estética máis puída que os seus anteriores lanzamentos.[1]
Near to the Wild Heart of Life | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Japandroids | ||||
Publicado | 27 de xaneiro de 2017 | |||
Gravación | 2015-2016 | |||
Estudio(s) | Rain City Recorders, Vancouver | |||
Duración | 36:49 | |||
Xénero(s) | indie rock, noise pop, garage punk, pop punk | |||
Selo(s) | ANTI- | |||
Produtor | Japandroids | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Cos membros da banda vivindo en cidades distintas por primeira vez, o álbum foi composto ao longo dun ano durante sesións en Vancouver, Toronto, Nova Orleáns e Cidade de México.[2] Foi gravado polo enxeñeiro Jesse Gander e mesturado por Peter Katis. Sacáronse tres sinxelos do traballo: “Near to the Wild Heart of Life”, “No Known Drink or Drug” e “North East South West”.
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Japandroids.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Near to the Wild Heart of Life" | 4:57 |
2. | "North East South West" | 4:21 |
3. | "True Love and a Free Life of Free Will" | 4:27 |
4. | "I'm Sorry (For Not Finding You Sooner)" | 2:29 |
5. | "Arc of Bar" | 7:25 |
6. | "Midnight to Morning" | 4:44 |
7. | "No Known Drink or Drug" | 3:12 |
8. | "In a Body Like a Grave" | 5:14 |
Notas
editar- ↑ "Japandroids: 'This new record is our first attempt at making a proper studio album'". The Independent (en inglés). 2017-01-31. Consultado o 2019-03-26.
- ↑ "Japandroids still deliver plenty of distorted guitar hooks and drum damage". Georgia Straight Vancouver's News & Entertainment Weekly (en inglés). 2016-12-25. Consultado o 2019-03-26.