Navío de permiso

O navío de permiso consistía no permiso concedido pola Coroa española a Inglaterra tras a sinatura do Tratado de Utrecht, que autorizaba aos ingleses a enviaren un barco ao ano cunha capacidade de carga de 500 toneladas[1] ás colonias españolas americanas para comerciar con elas.[2][3]

Esta concesión foi utilizada polos británicos para exercer o contrabando reabastecendo o barco con novas mercadorías en alta mar desde Xamaica e regresando ao porto para intercambiar estas mercadorías. Ademais, con esta concesión recoñeceuse a fin do monopolio comercial español con América[4] e introduciuse a idea do libre comercio.

Posteriormente, no Tratado de Madrid de 1750, Gran Bretaña renunciou á nave do permiso xunto ao asiento de negros a cambio de 100 000 libras,[5] poñendo fin ao comercio británico na América española, e España recuperou totalmente o monopolio e o dereito a comerciar cos seus territorios americanos.[6]

Notas editar

  1. Bennassar, Jacquard, Lebrun, Denis e Blayau (2005), p. 689
  2. fundacionlegadodelascortes (2016-12-03). "Navío de Permiso.". Fundación Legado de las Cortes (en castelán). Consultado o 2022-04-30. 
  3. Ferro (2000), p. 87
  4. Martínez Ruiz (2007), p. 272
  5. Frey & Frey (1995), p. 414
  6. "1739: España, Gran Bretaña y la oreja de la discordia" (en castelán). Consultado o 2022-04-30. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bennassar, Bartolomé; Jacquart, J.; Lebrun, F.; Denis, M.; Blayau, N. (2005). Historia moderna. Colección: Akal Textos, nº 8 (en castelán) (5ª ed.). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-990-9. 
  • Ferro, Marc (2000). La colonización: una historia global (en castelán). México: Siglo XXI editores. ISBN 968-23-2222-7. 
  • Frey, Linda; Frey, Marsha L., eds. (1995). The Treaties of the War of the Spanish Succession (en inglés). Westport, Connecticut: Greenwood Publishing Group. ISBN 0313278849. 
  • Martínez Ruiz, Enrique (dir.) (2007). Diccionario de historia moderna de España. Vol. II: La administración. Colección Fundamentos, nº 229 (en castelán). Madrid: Editorial Istmo. ISBN 978-84-7090-353-3. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar