Nashwa Eassa

física sudanesa

Nashwa Abo Alhassan Eassa, nada en Omdurman (Sudán) en 1980, é unha física sudanesa especialista en materiais e nanotecnoloxía. É profesora de física na Universidade da Al-Neelain en Khartún.[1][2]

Modelo:BiografíaNashwa Eassa
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Omdurman (Sudán) Editar o valor en Wikidata
EducaciónNelson Mandela University (en) Traducir
Universidade de Khartún
Universidade de Linköping (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNeelain University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Eassa licenciouse en física, Universidade de Khartún, en 2004. Obtivo o máster en nanotecnoloxía e física de materiais na Universidade de Linköping de Suecia en 2007. Foi conferenciante e profesora de axudante de física na Universidade da Al-Neelain desde 2007. En 2012 doutorouse na Universidade Metropolitana Nelson Mandela de Suráfrica (NMMU). En 2013 fundou a organización non gobernamental Mulleres sudanesas en Ciencias e é membro da Organización para as Mulleres na Ciencia do Instituto de Física de Suráfrica e da Organización Mulleres en Ciencia para o Mundo en Desenvolvemento (OWSD).

En 2015 gañou o Premio OWSD – Fundación Elsevier para mozas científicas no mundo en desenvolvemento . O premio recoñeceu a súa investigación sobre a diminución da acumulación de película na superficie dos semiconductores de alta velocidade.[1][3]

Eassa está involucrada no desenvolvemento de estruturas de nanotubos e nanopartículas de óxido de titanio. Tamén en proxectos para capturar hidróxeno e depurar a auga coa radiación solar.[1][4][5]

Foi candidata á vicepresidencia dos países árabes da OWSD.[6] En 2019 foi investida como doutora honoris causa pola Universidade de Linköping, en recoñecemento ao apoio as mulleres do Sudán na educación e investigación.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 Wren, Kathy (14 de febreiro de 2015). "Early-Career Women Scientists From Developing Countries Honored at AAAS Annual Meeting". Advance Science, Serving Society. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  2. Claramunt, Teresa. "CIENTÍFICAS AFRICANAS QUE VAN ABRIENDO CAMINOS. NASHWA EASSA". 
  3. "Vietnamese Mathematician Wins Elsevier Foundation Award". 24 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  4. "Women Scientists in Developing Countries Receive Elsevier Foundation Awards for Physics and Math". Elsevier. 10 de febreiro de 2015. 
  5. "Research Partnership Workshop on Water Resources for Women Scientists from the U.S. and Africa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xuño de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  6. "Eassa Nashwa Elected Vice-President | OWSD". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  7. "Honorary doctor from Sudan fighting for women in academia". liu.se (en inglés). Consultado o 2020-05-24. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar