Narciso Escobar Rodríguez

futbolista español

Narciso Escobar Rodríguez, nado en Villablino (Provincia de León) o 9 de xaneiro de 1937, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Escobar
Información persoal
Nome Narciso Escobar Rodríguez
Nacemento 9 de xaneiro de 1937
Lugar de nacemento Villablino
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950-1951 SD Ponferradina
1957-1960 Celta de Vigo 36 (8)
1957-1958Racing de Ferrol "Cedido" 12 (3)
1960-1963 Real Murcia 42 (9)
1963-1966 SD Ponferradina
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando na SD Ponferradina, onde as súas boas actuacións fixeron que o fichara o Celta de Vigo. O primeiro ano xogaría cedido no Racing de Ferrol ata o final da tempada, cando o equipo vigués o recupera para xogar a Copa do Rei.

En Vigo xogou dúas tempadas, a primeira delas en Primeira División e na que se proclamou máximo anotador do equipo. Ao final da tempada seguinte afrontouse unha profunda renovación do equipo e dáselle a carta de liberdade a Escobar.

Despois de tres tempadas no Real Murcia tamén na categoría de prata volveu á Ponferradina, onde se retirou en 1966.