Nagabonar

filme de 1987 dirixido por M.T. Risyaf

Nagabonar é un filme indonesio de 1987 dirixido por M.T. Risyaf. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 60ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1] En 2007, estreouse unha secuela titulada Nagabonar Jadi 2.

Nagabonar
Ficha técnica
Título orixinalNagabonar
DirectorM.T. Risyaf
GuiónAsrul Sani
IntérpretesNurul Arifin
Deddy Mizwar
Wawan Wanisar
Roldiah Matulessy
Piet Pagau
MúsicaFrankie Raden
Estrea1987
Duración95 minutos
Orixe Indonesia
XéneroComedia e bélico
Filme seguinteNagabonar Jadi 2
Na rede
IMDB: tt0288127 TCM: 502023 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

editar

Naga Bonar é un carteirista. Durante a retirada das forzas de ocupación xaponesas de Indonesia en 1945 declárase xeneral das Forzas de Liberación. Porén, o seu engano convértese no seu verdadeiro eu, facéndose un verdadeiro soldado e patriota.

  1. "Upaya Indonesia Mencari Peluang". Suara Pembaruan (en Indonesian). 2007-11-22. Arquivado dende o orixinal o 2009-11-24. Consultado o 2008-09-23. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar