Nadiem Amiri
Nadiem Amiri, nado o 27 de outubro de 1996 en Ludwigshafen am Rhein, é un futbolista alemán que xoga no Bayer 04 Leverkusen.
Nadiem Amiri | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Nadiem Amiri | ||
Nacemento | 26 de outubro de 1996 (26 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ludwigshafen am Rhein | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Mediapunta | ||
Información de club | |||
Club actual | Bayer Leverkusen | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
Ludwigshafener SC | |||
1. FC Kaiserslautern | |||
Waldhof Mannheim | |||
2012–2014 | 1899 Hoffenheim | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2015 | 1899 Hoffenheim II | 21 | (4) |
2015–2019 | 1899 Hoffenheim | 106 | (11) |
2019– | Bayer Leverkusen | 3 | (0) |
Selección nacional | |||
2013–2014 | Alemaña sub-18 | 8 | (2) |
2014–2016 | Alemaña sub-19 | 13 | (3) |
2015–2016 | Alemaña sub-20 | 3 | (0) |
2016–2019 | Alemaña sub-21 | 24 | (6) |
2019– | Alemaña | 3 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de setembro de 2019. Selección: actualizado a 19 de novembro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Seus pais fuxiron de Afganistán cara a Alemaña na década de 1980[1], é primo de Zubayr Amiri xogador do Hessenligisten SC Hessen Dreieich dende 2014 e mais da selección afgá.
Amiri comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Ludwigshafener SC, e tras pasar polo do FC Kaiserslautern pasou ao do SV Waldhof Mannheim. En 2012 entrou no equipo sub-17 do TSG 1899 Hoffenheim, marcando dous goles en 25 aparicións. Un ano despois pasou ao sub-19, logrando tres goles en 21 participacións. Para a tempada 2014/15 asinou unha extensión de contrato ata o verán de 2018 e ao mesmo tempo un contrato profesional para o equipo da Bundesliga do TSG Hoffenheim[2]. Non obstante, primeiro xogou no segundo equipo na Regionalliga Südwest antes de debutar o 7 de febreiro de 2015, con 20 anos, co primeiro equipo na Bundesliga nunha derrota 0-3 contra o VfL Wolfsburg [3]. Na tempada seguinte, o 28 de novembro de 2015, correspondente á xornada catorce, anotou o seu primeiro gol nun empate 3: 3 contra o Borussia Mönchengladbach, participando tamén nos outros dous goles do seu equipo no partido.
O 12 de xuño de 2017 prolongou o seu contrato co TSG ata o 2020 [4].
Selección nacionalEditar
Entre 2013 e 2014 completou oito partidos coa selección alemá sub-18, logrando dous goles. Na selección sub-19 en 13 participacións marcou tres goles. No Campionato europeo sub-21 de 2017 en Polonia, Amiri xogou catro dos cinco partidos e finalmente logrou o campionato coa súa selección.
NotasEditar
- ↑ Entrevista de Nadiem Amiri con Bamdad Esmaili en WDRforyou de YouTube
- ↑ "Nadiem Amiri erhält Lizenzspieler-Vertrag bis 2018"; achtzehn99.de, 28 de outubro de 2014
- ↑ "Schürrle und De Bruyne euphorisieren Wolfsburg"; kicker.de, 7 de febreiro de 2015
- ↑ TSG bindet Nadiem Amiri bis 2020; achtzehn99.de, 12 de xuño de 2017