Nacionalismo australiano

O nacionalismo australiano é unha ideoloxía política nacionalista que defende que os australianos son unha nación e promove a unidade nacional e cultural de Australia.[1][2][3] O nacionalismo australiano ten unha historia que se remonta a finais do século XIX a medida que Australia desenvolveu gradualmente unha cultura e unha identidade distintas ás de Gran Bretaña, comezando a verse como unha entidade única e separada e non simplemente unha extensión ou unha derivación da cultura e identidade británicas.

Bandeira de Australia.

A finais do século XX e comezos do século XXI, a noción do nacionalismo australiano foi cooptada por algúns partidos políticos de extrema dereita e grupos xenófobos e neofascistas en Australia, ás veces vinculados ao supremacismo branco.[4]

Notas editar

  1. wiliam, Sydney Australia. "Nationalism in Australia". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  2. Christopher Scanlon (25 de xaneiro de 2014). "Australia Day: is nationalism really so bad?". The Conversation. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  3. "Surrendering nationalism". Griffith Review. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  4. "Nationalism and racism". Consultado o 11 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outrosa artigos editar