NX Zero é unha banda brasileira de música rock, formada en São Paulo en 2001. Está formada por Di Ferrero (vocalista), Gee Rocha (vocalista e guitarrista), Fi Ricardo (guitarrista), Caco Grandino (baixista) e Daniel Weksler (batería).

En 2004 Urubuz Records publicou o seu primeiro disco, Diálogo?. En 2006 Universal Music publicou o disco NX Zero. Recentemente lanzaron un novo disco titulado Sete Chaves.

Historia

editar

A banda comezou en 2001 formada polo guitarrista e vocalista Yuri Nishida. Nesa época, era un trío poderoso, con só un guitarrista, un baixista-vocalista (Philip) e un batería (Daniel Weksler), e tivo como influencia bandas como Face to Face, Foo Fighters e Millecolin. En 2003 Philip (vocalista e baixista) deixou a banda para cumprir o seu soño de ser aviador, e un ano despois fundou a banda Dossiê. Filipe (Fi) entrou na banda no último show que Philip fixo con NX Zero e foi nesa época de que eles coñeceron a Gee (Leandro Rocha), que tocaba nunha banda chamada (Enjoy). Mais antes de que este entrara a NX Zero, quen tocaba o baixo era Bruno (Gago) , quen chegou a gravar o primeiro demo. Gee chegou na época da gravación da demo verde (Meu coração desconfía que ainda há mais de que meus olhos possam ver) e esa demo estaba composta por 3 cancións: “Tarde Demais”, “Gritos do Silêncio” e “Razão de ser assim”.

En 2004, Yuri quería compartir a voz da banda e quixo facelo con Gee, mais el non quixo: con tantos problemas internos eles incluso chegaron a anunciar o fin da banda. Houbo un show en Hangar 110 (São Paulo) que ía ser o show de despedida de Gee e Yuri, no que Di Ferrero ía facer unha participación especial nas últimas dúas cancións, pero Yuri e Gee desistiron de saír da banda. Sendo así, a banda quedou cos integrantes: Yuri (vocalista e guitarrista), Fi (guitarrista), Gee (baixista), Dani (batería) e Di (vocalista).

Diego entrou na banda cando estaban gravando o CD Diálogo? e faltaban apenas unhas cancións para rematar a gravación. Cando o CD foi lanzado, ao final de 2004, Yuri xa non participaba en NX Zero, o motivo da súa saída foi por mor das “loitas internas”. Por ese motivo que hai dúas versións do CD Diálogo?: no CD da capa branca as dúas últimas cancións “Tarde Demais” e “Gritos do Silêncio” son cantadas por Yuri Nishida, e no da capa negra son cantadas por Diego Ferrero. As demais cancións do CD non foron modificadas e son cantadas polos dous. Gee non participou nas cancións “Ilusao” e “Promessa” por mor de que nesa época de gravación el decidira deixar a banda, aínda que ao final el regresara a NX Zero.

Formación da banda

editar

A banda quedou con catro integrantes oficiais durante case un ano. Nese tempo Gee continuou sendo o baixista mais non lle gustaba tocar o baixo e mentres non conseguían un baixista para a banda, nalgúns concertos (bando Dossiê) asumía o posto de baixo e Gee de guitarra. En xuño de 2005, Caco Grandino, que nesta época tocaba nunha banda chamada Rancore, fixo o primeiro show como baixista de NX Zero e Gee converteuse no guitarrista da banda. Dende entón, a banda continua coa formación actual: Di Ferrero (vocalista), Gee Rocha (guitarrista), Fi Ricardo (guitarrista), Daniel Weksler (batería) e Caco Grandino (baixista).

Premios

editar
Ano Entrega Premios
2007 Prêmio Multishow de Música Brasileira Artista Revelación
2007 Mtv Video Music Brasil Artista do ano
2007 Mtv Video Music Brasil Canción do ano: "Razões e Emoções"
2008 Meus Prêmios Nick Premio Slime
2008 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor Cantante Masculino: Di Ferrero
2008 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor Grupo
2008 Mtv Video Music Brasil Artista do ano
2008 Mtv Video Music Brasil Canción do ano: "Pela Última Vez"
2008 Mtv Video Music Brasil Vídeo do ano: "Pela Última Vez"
2009 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor CD: Agora
2009 Meus Prêmios Nick Banda Favorita
2009 Meus Prêmios Nick Canción do Ano: "Cartas pra Você"
2009 Meus Prêmios Nick MPN 10 Anos: Slime
2009 Mtv Video Music Brasil Mellor Canción: "Cartas pra Você"
2009 Latin Grammy Mellor Álbum: Agora