N-4 ou Proton 1 foi unha serie de observatorios espaciais soviéticos adicados ao estudo dos raios cósmicos de alta enerxía.[1][2]

Características editar

Lanzáronse 4 satélite N-4, todos eles mediante foguetes Proton, cun deles sen conseguir chegar a órbita. Tiñan unha masa de 12.200 kg, usaban paneis solares e eran inxectados en órbitas duns 180 km de perixeo e uns 600 km de apoxeo. A súa misión era investigar os raios cósmicos moi enerxéticos, para o cal usaban calorímetros de ionozación, co que podían observar raios cósmicos de ata 1013 eV. Tamén podían medir a intensidade e o espectro de raios gamma de ata 50 MeV. Aos N-4 seguiulle a serie N-6, que ao final só consistiu nun único satélite.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
N-4 1 16 de xullo de 1965 Proton Éxito
N-4 2 2 de novembro de 1965 Proton Éxito
N-4 3 24 de marzo de 1966 Proton Fallo
N-4 4 6 de xullo de 1966 Proton Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "N-4" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Proton 1, 2, 3 (Proton-1 1, 2, 3, 4 / N-4 #1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar