Número necesario a tratar

En medicina preventiva e epidemioloxía, o número (de pacientes) necesario a tratar ou NNT (do inglés, number needed to treat) é o número de doentes que cómpre expor a un factor preventivo ou terapéutico coa fin de evitar un evento patolóxico ou conseguir un evento curativo. É unha medida bioestatística empregada para medir a efectividade dunha intervención sanitaria.

O número ideal de NNT é 1, xa que isto significaría que todos os individuos sometidos a unha determinada intervención (por exemplo, unha vacina[1]), se verían beneficiados dela. Xa que logo, canto máis elevado sexa o NNT, menor será a eficacia dunha intervención terapéutica.[2]

Cálculo

editar

O número que cómpre tratar calcúlase baseándose na seguinte fórmula:


 

Na que   é a diferenza entre incidencias nos non expostos e nos expostos, ou o que vén a ser o mesmo, a redución absoluta do risco.

  1. Kelly H, Attia J, Andrews R, Heller RF (Xuño de 2004). "The number needed to vaccinate (NNV) and population extensions of the NNV: comparison of influenza and pneumococcal vaccine programmes for people aged 65 years and over". Vaccine 22 (17-18): 2192–8. PMID 15149776. doi:10.1016/j.vaccine.2003.11.052. 
  2. "Number Needed to Treat". Bandolier. Arquivado dende o orixinal o 26-06-2009. Consultado o 30-5-2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dawson B, Trapp R. Bioestadística médica, 4º edición. Manual moderno, 2005.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.