Número de teléfono

Un número de teléfono é unha secuencia de díxitos utilizada para identificar unha liña telefónica dentro dunha rede telefónica conmutada (RTC).

Teclado para marcación telefónicas 742 117954

O número conténe a información necesaria para identificar o punto final da chamada. Os números de teléfono están a miúdo asignados a liñas que teñen conectados dispositivos distintos dun teléfono, tales como faxes e módems. Cada un deses puntos de terminación de rede teñen que ter un número único na rede para poder realizar unha chamada telefónica.

A maioría dos países utilizan números de lonxitude fixa (para as liñas normais polo menos), de forma que os equipos terminais poden determinar a lonxitude necesaria do número de teléfono que se está marcando.

Tamén é posíbel que cada aboado teña un conxunto de números máis curtos para os destinos máis frecuentes. Estes números curtos son traducidos automaticamente a números de teléfono únicos antes de estabelecer a chamada.

Algúns servizos especiais poden ter números curtos; é o caso dalgúns números de urxencias como o 112, número de teléfono único de asistencia á cidadanía ante calquera tipo de emerxencia (sanitaria, de extinción de incendios e salvamento ou seguridad cidadá) na Unión Europea e Suíza[1]

Números internacionais editar

 
Códigos locais de Polonia

A maioría das redes telefónicas actuais están interconectadas na rede telefónica internacional, onde o formato dos números de teléfono está estandarizado por UIT-T na recomendación E.164, que especifica que o número completo debe constar dun máximo de 15 díxitos e comezar por un prefixo nacional. Na maioría dos países, este prefixo nacional é seguido por un prefixo de zona ou de cidade, e polo número de aboado, que pode conter o código dunha central telefónica concreta. A recomendación E.123 da UIT-T describe como representar un número de teléfono internacional por escrito, comezando cun signo máis ("+") e o código do país. Para establecer unha chamada cun número internacional desde unha liña fija, o "+" debe ser substituído polo "prefixo internacional" do país que orixina a chamada.

Os teléfonos móbiles si permiten a introdución do "+" directamente.

O plan de numeración telefónica e o seu repartimento entre os diferentes operadores están controlados polos respectivos gobernos, xa sexa directamente ou a través de organizaciónes delegadas.

Antes de que se estableza unha chamada telefónica, o número de teléfono debe ser marcado polo aboado. O aboado que recibe a chamada pode ter un dispositivo que mostre o número de teléfono sen contestar a chamada.

Códigos alfanuméricos editar

 
Letras asociadas a un número

Para recordar facilmente números de teléfono en ocasións utilízanse phonewords (do inglés phone words, "palabras de teléfono"), que son códigos que utilizan tanto números como letras.

Poe exemplo o Canal de Isabel II utiliza para atender aos seus clientes o código 9000CANAL, equivalente ao número de teléfono 900022625.[2][3]

Notas editar

  1. Reuters. España. "Todos los países de la UE usarán el número de emergencia 112". Arquivado desde o orixinal o 17 de decembre de 2008. Consultado 9 de decembro de 2022.
  2. Atención al Cliente - Oficinas comerciales Arquivado 30 de abril de 2011 en Wayback Machine. (Canal Isabel II)
  3. Canal de Isabel II

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar