En economía, enténdese á familia como un axente económico que consome, aforra, inviste e ofrece servizos de traballo. Xunto coas empresas, son os principais axentes a nivel microeconómico.

Funcións económicas da familia

editar

Consumo

editar

Ás veces os países son irracionais entendéndoo por sentido común. Isto faio a maioría e coñécese como a lei dos grandes números no consumo. Isto ocorre cando hai inflación, pois os bens soben de prezo constantemente. o consumo na familia é moi importante porque se adquiren necesidades ou beneficios atopados

Aforro familiar

editar

Entendéndoo como a privación de consumo, as familias aforran de tres formas:

Aforro voluntario

editar

Dise do aforro que as familias desexan realizar. Consiste fundamentalmente en depósitos en bancos ou outras institucións financeiras. Ao depositar, os bancos pagan unha taxa de interese de captación, pois están a captar recursos. O aforrante quere que esta taxa sexa alta. Se a taxa é baixa, hai pouco incentivo para o aforro voluntario. A racionalidade no aforro está determinada pola taxa de interese.

Aforro negativo

editar

Enténdese por aforro negativo ou desaforro á utilización do diñeiro xa aforrado en momentos nos que non se conta cun ingreso.

Aforro forzoso

editar

Consiste no sistema de seguridade social. A lei determina un aforro obrigatorio, o que pode ser para asegurar unha boa xubilación, manter un seguro de invalidez e de supervivencia etc. O aforro forzoso é máis efectivo cando é de calidade, pois así a xente non o evade.

Investimento

editar

Entendéndoo como a creación neta de capital, un bo exemplo de investimento familiar é a compra dunha casa nova, pois ao construírse está a crearse capital. A racionalidade no investimento depende da taxa de retorno, é dicir, o que o investimento lle proporciona de volta ao investidor. Neste caso, á familia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar