Núcleo (apicultura)

Os núcleos son en xeral cámaras de cría, de 3, 4 ou 5 marcos móbiles. A idea é que un pequeno grupo de abellas atope no núcleo un espazo reducido para que poida regular a temperatura interior do mesmo facilmente. Unha vez que este núcleo ten suficiente número de abellas, é trasladado á cámara de cría onde comeza a expandirse, ata chegar a cubrir con abellas os 10 cadros ou os que conteña o tipo de colmea que utilicemos. Respéctanse as dimensións de longo e profundidade do tipo de colmea con que traballamos, pero redúcese o ancho, adecuando as dimensións a un menor número de cadros.

Os núcleos están construídos de madeira similar ao das cámaras de cría, sendo en xeral de menor calidade, porque serán utilizados só na tempada reprodutiva. A cantidade de cadros que poden albergar depende do tipo de clima, xa que os núcleos se confeccionan a partir de dous cadros de cría, podendo facelos ata con catro. Sempre é necesario deixar lugar para un marco de mel e pole, ou na súa falta un alimentador interno para apoiar o seu desenvolvemento.

Presentan piqueiras pequenas en lugares fríos, para que non perdan temperatura. Se se atopan nunha zona cálida adoitan colocárense á sombra, para que o pequeno grupo de abellas inicial logre arrefrialo ou quentalo facilmente. O traspaso posterior á cámara de cría debe facerse cando a poboación aumentou o suficiente como para prosperar nun habitáculo das dimensións da colmea a onde vaia ser trasladada a nova colonia.

Véxase taménEditar