Colmea Dadant

A colmea Dadant, denominada exactamente colmea Dadant modificada, é a colmea estándar, máis grande que se usou nos Estados Unidos e Inglaterra. Xa non adoita empregarse nos Estados Unidos, pero existe un bo número en Gran Bretaña, gozando de certa popularidade en Europa continental. En España, é unha colmea popular naquelas rexións onde se practica a transhumancia.

Colmea Dadant

É un deseño norteamericano, de Charles Dadant, estritamente de parede simple, con paso de abella superior. Os cadros Dadant para cría miden 448 mm por 286 mm. Os cadros están espazados entre si por 38 mm.

A colmea Dadant modificada é de 11 cadros na cámara de cría, pero o Irmán Adán, na Abadía de Buckfast empregou unha colmea de 12 cadros, con forma cadrada, denominada colmea Dadant de Buckfast ou en inglés Buckfast Dadant.

Medidas de diferentes tipos de colmeas verticaisEditar

Tipo Langstroth Dadant Lusitana Layens Oksman
Medidas cámara cría 46,5x38x24 46,5x38x31 37x38x31 segundo Nº cadros 46,5x38x24
Medidas alzas 46,5x38x24 46,5x38x17 37x38x16 46,5x38x17
Med. cadro cámara 42x20 42x27 33x27 35x30 42x20
Med cadro alza mel 42x20 42x13 33x12 35x30 42x13
Superficie cadro 160 dm² 220 dm² 180 dm² 240 dm² 160 dm²
Cría teórica 45000 abellas 60-62000 abellas 50000 abellas 67200 abellas 45000 abellas
kg de abella x cría 4,5 kg 6 kg 5 kg 6,7 kg 4,5 kg
Capacidade 42,4 L 54 L 43,5 L 40 l
Capacidade total 84,8 L 84 L 65,9 L 56 l
Capacidade en alza mel. 25 kg 16 kg 13 kg 16 kg

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar