Nó suevo
O nó suevo (alemán: Suebenknoten) é un peiteado masculino histórico atribuído ó pobo xermánico dos suevos. O nó é descrito por Tácito na súa obra Xermania, tamén aparece na arte, en representacións dos pobos xermánicos e en corpos momificados de pantanos.

XermaniaEditar
Segundo a Xermania de Tácito, os guerreiros suevos peiteaban o seu cabelo cara atrás ou os lados e atábano nun nó, co suposto obxectivo de semellar meirandes e máis impoñentes no campo de batalla. Tácito tamén fala de que este estilo espallouse entre os guerreiros máis novos das tribos xermánicas veciñas, mentres que entre os suevos, o nó era levado polos homes vellos como un símbolo de status, que "distingue ós homes libres dos escravos", sendo os nós máis artísticos levados polos nobres máis poderosos.[1]
Rexistros arqueolóxicosEditar
Os nós suevos foron descubertos en varios corpos conservados en pantanos:
- Home de Osterby,[2] 70-220, de Osterby preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña.
- Home de Dätgen,[3] 135–385, Dätgen, preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña
No ano 2000, na costa do Mar Báltico en Czarnowko, preto de Lębork, Polonia, atopouse un caldeiro de bronce que representaba a homes levando o nó suevo.[4]
GaleríaEditar
Nó suevo no escudo de armas de Osterby, Schleswig-Holstein.
Cabelo do Home de Dätgen (Alemaña).
Bronce romano co nó suevo na Bibliothèque nationale de France.
Figura dun xermano no Museo de Viena.
Portonaccio sarcophagus (Home embaixo á dereita).
Máscara de terracota no Museo Británico.
Caldeiro de Mušov.
NotasEditar
- ↑ "Germania". www.ourcivilisation.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013.
- ↑ Deem, James M (2003). Bodies from the Bog. Houghton Mifflin Harcourt.
- ↑ Datgen Man Arquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Mummytombs.com. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ M. Macynska, D. Rudnicka, Abstract: A grave with Roman imports from Czarnówko, Lębork district, Pomerania, Poland [1] Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nó suevo |