Níscaro de sangue
Níscaro de sangue | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
'Lactarius sanguifluus' (Paulet) Fr. (1838) | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Hypophyllum sanguifluum Paulet (1811) |
O níscaro de sangue[1] (Lactarius sanguifluus) é unha especie de fungo da familia Russulaceae que produce cogomelos comestibles. Atópase por Asia e Europa. Cando rompe ou se corta, desprende un látex de cor viño que pasa a cor verdososa coa exposición ao aire. O sombreiro do cogomelo é de cor alaranxada ou marrón arroibada con zonas concéntricas de cor máis escura, e vai adquirindo forma de embude segundo vai madurando. Os cogomelos poden atoparse illados ou en grupos principalmente nas proximidades de coníferas.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
editar- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 169. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Níscaro de sangue |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Níscaro de sangue |