Muslim ibn al-Hajjaj
Abū al-Ḥusayn ‘Asākir ad-Dīn Muslim ibn al-Ḥajjāj ibn Muslim ibn Ward ibn Kawshādh al-Qushayrī an-Naysābūrī[nota 1] (árabe: أبو الحسين عساكر الدين مسلم بن الحجاج بن مسلم بن وَرْد بن كوشاذ القشيري النيسابوري) ou Muslim Nayshāpūrī (persa: Nastaliq,مسلم نیشاپوری), coñecido habitualmente como Imam Muslim, nado en Nishapu despois de 815 e finado en maio de 875, foi un estudoso do islam, célebre particularmente como muhaddith (estudoso do hadith). A súa colección de hadith, coñecida como Sahih Muslim, é unha das seis maiores coleccións de hadith no sunnismo e está considerada como unha das dúas máis auténticas (sahih) xunto con Sahih al-Bukhari.
Nome orixinal | (ar) مسلم بن الحجاج |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 821 Nishapur (Abbásida) |
Morte | 6 de maio de 875 (Gregoriano) (53/54 anos) Nishapur (Abbásida) |
Relixión | Islam e Sunnismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Science of hadith (en) e fiqh |
Ocupación | muhaddith, alfaquí |
Profesores | Muhammad al-Bukhari, Yahya ibn Ma'in (pt) , Ahmad ibn Hanbal, Ishaq Ibn Rahwayh (pt) e Al-Darimi (pt) |
Alumnos | Ibn Khuzaymah (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Islamskiy enciklopedicheskiy slovar (en) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarMuslim ibn al-Hajjaj naceu en Nishapur na provincia abásida de Khorasan. Os historiadores discuten sobre a súa data de nacemento, dada como 202 da héxira (817/818),[3][4] 204 (819/820)[1][5] ou 206 AH (821/822).[3][4][6]
Adh-Dhahabi dixo, "cóntase que naceu no ano 204 da héxira", aínda que tamén di, "pero penso que naceu antes diso".[1]
Ibn Khallikan non puido atopar información sobre a data de nacemento de Muslim ou sobre a súa idade ao falecer, fóra do ḥuffāẓ (mestres do hadith), agás o seu acordo con que nacera despois do 200 AH (815/816). Ibn Khallikan cita a Ibn al-Salah, que cita a obra Kitab ʿUlama al-Amsar de Ibn al-Bayyiʿ, na súa afirmación de que Muslim tiña 55 anos cando morreu o 25 Rajab, 261 AH (maio de 875)[6] e polo tanto o seu ano de nacemento sería 206 AH (821/822).
Ibn al-Bayyiʿ indica que foi soterrado en Nasarabad, suburbio de Nishapur.
Segundo os estudosos, Muslim era de orixe árabe ou persa[7][8] O nisbah de "al-Qushayri" significa que Muslim pertencía á tribo árabe dos Banu Qushayr, da que algúns membros emigraron ao territorio persa conquistado durante a expansión do [Califato Rashidun]].[5] Un estudoso de nome Shams al-Dīn al-Dhahabī introduciu a idea que puido ser un mawla de ascendencia persa, atribuído aos Qushayr por medio da wala' (alianza). Un devanceiro de Muslim puido ser un escravo liberado dos Qushayri, ou talvez aceptou o islma de mans dos Qushayri. Segundo outros dous estudosos, Ibn al-Athīr e Ibn al-Salāh, realmente era un membro árabe desa tribo e a súa familia emigrara a Persia dous séculos despois da conquista.[1]
As estimacións sobre o número de hadith nos seus libros están entre 3033 e 12 000, dependendo de se se inclúen os duplicados ou só o texto (isnad). Dise que o seu Sahih ("auténtico") comparte arredor de 2000 hadiths co Sahih de Bukhari.[9]
Os mestres do autor inclúen a Harmala ibn Yahya, Sa'id ibn Mansur, Abd-Allah ibn Maslamah al-Qa'nabi, al-Dhuhali, al-Bukhari, Ibn Ma'in e Yahya ibn Yahya al-Nishaburi al-Tamimi entre outros. Entre os seus alumnos estiveron al-Tirmidhi, Ibn Abi Hatim al-Razi e Ibn Khuzaymah, cada un dos cales escribiu tamén obras sobre o hadith. Despois dos seus estudos pola península Arábiga, Exipto, Iraq e Siria, estableceuse na súa patria de Nishapur, onde coñeceu e foi amigo de Bukhari.
Legado
editarO estudoso sunnita Ishaq Ibn Rahwayh foi o primeiro que recomendou a obra de Muslim.[10] Os contemporáneos de Ishaq ao principio non o aceptaron. Abu Zur‘a al-Razi obxectaba que Muslim omitira demasiado material que Muslim recoñecía como auténtico e incluíra transmisores que eran febles.[11]
Ibn Abi Hatim posteriormente aceptou a Muslim como "confiábel, un dos mestres do hadith con coñecemento no hadith", mais isto contrasta co maior eloxio de Abu Zur‘a e tamén do seu pai Abu Hatim. É semellante con Ibn al-Nadim.[12]
O libro de Muslim incrementou gradualmente o seu prestixio ata chegar a ser considerado polos musulmáns sunnitas como a colección máis auténtica de hadith só despois do Sahih Bukhari.
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mawjood, Salahuddin ʿAli Abdul (2007). The Biography of Imam Muslim bin al-Hajjaj. Traducido por Abu Bakr Ibn Nasir. Riyadh: Darussalam. ISBN 978-9960988191.
- ↑ 'Awālī Muslim: arba'ūna ḥadīthan muntaqātun min Ṣaḥīḥ Muslim (عوالي مسلم: أربعون حديثا منتقاتا من صحيح مسلم) (en Arabic). Beirut: Mu’assasat al-kutub ath-Thaqāfīyah (مؤسسة الكتب الثقافية). 1985.
- ↑ 3,0 3,1 Siddiqui, Abdul Hamid. "Imam Muslim". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2012. Consultado o 2012-10-29.
- ↑ 4,0 4,1 Ahmad, K. J. (1987). Hundred Great Muslims. Des Plaines, Illinois: Library of Islam. ISBN 0933511167.
- ↑ 5,0 5,1 Ali, Syed Bashir (2003). Scholars of Hadith. The Makers of Islamic Civilization Series. Malaysia: IQRAʼ International Educational Foundation. ISBN 1563162040.
- ↑ 6,0 6,1 Khallikan, Ahmad ibn Muhammad ibn]] (1868) [Corrected reprint]. Ibn Khallikan's Biographical Dictionary III. Traducido por William McGuckin de Slane. París: Oriental translation fund of Great Britain and Ireland. p. 349.
- ↑ R.N. Frye, ed. (1975). The Cambridge history of Iran. Londres: Cambridge University Press. p. 471. ISBN 978-0-521-20093-6.
- ↑ al-Qushayrī, Muslim ibn al-Ḥajjāj; Shahryar, Aftab (2004-01-01). صحيح مسلم (en inglés). Islamic Book Service. ISBN 9788172315924.
- ↑ Lu'lu wal Marjan di que son 1900; Abi Bakr Muhammad b. 'Abdallah al-Jawzaqi apud Brown, 84 cona 2326.
- ↑ mardi keh in bud; al-Hakim, Ma‘rifat ‘ulum al-hadith, 98 apud Jonathan Brown, The Canonization of al-Bukhari and Muslim (Brill, 2007), p. 86
- ↑ Brown, 91-2, 155
- ↑ Brown, p. 88–89
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía en MuslimScholars.info
- Biografía en Sunnah.com
- Breve biografía de Imam Muslim
- Biografía de Imam Muslim Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- Tradución ao inglés de Sahih Muslim Arquivado 01 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- Interactive Family tree of Imam Muslim by Happy BooksArquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Interactive diagram of teachers and students of Imam Muslim by Happy BooksArquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.