Museo de Minerais de Tampere

Coordenadas: 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028

O Museo de Minerais de Tampere (en finés Tampereen Kivimuseo) é un museo de historia natural situado na cidade de Tampere, Finlandia. A colección do museo está conformada por máis de 8 000 pezas procedentes de máis de 80 países, das cales 7 000 están expostas, entre as que se encontran xemas, pedras ornamentais, minerais, metais, meteoritos e fósiles, así como pedras sintéticas.[1][2]

Museo de Minerais de Tampere
Tampereen Kivimuseo
Exposición do Museo de Minerais de Tampere.
Coordenadas61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo de historia natural
Inauguración1997
editar datos en Wikidata ]

Inaugurado en 1997 nun espazo situado no edificio da Biblioteca "Metso", a principal biblioteca da cidade, en 2014 trasladouse á súa localización actual no complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.[3] A colección foi doada por Paavo Korhonen (1920–2018), un enxeñeiro e afeccionado aos minerais procedente de Tampere.[4] Trátase dunha colección de pedras extraordinariamente grande e única de pedras e minerais compilados por unha única persoa en Finlandia.[2][5] Korhonen esperaba que o museo inspirara ás nenas e nenos, así como a persoas novas e estudar e recolectar pedras.[6]

Notas editar

  1. "Kivimuseo" (en finés). Tampere: Vapriikki. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Kumpulainen, Tomi (2015). "Kivimuseo sai uuden kodin". Museokello (en finés): 44–45. 
  3. "Kivimuseo 20 vuotta" (en finés). Museokeskus Vapriikki. 1 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  4. "Kivimuseon perustaja on poissa" (en finés). Tampere: Vapriikki. 10 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  5. Tuominen, Esa (11 de setembro de 2013). "Tamperelainen diplomi-insinööri on kerännyt kiviä 82 maasta ja lahjoittanut ne museokäyttöön". TEK-verkkolehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  6. Rämö, Marjo (6 de setembro de 2013). "Tämä pikkumuseo päihittää Tampereen taidemuseon". Tamperelainen (en finés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar