Museo Vasa
O Museo Vasa, chamado Vasamuseet en sueco, atópase na illa de Djurgården, en Estocolmo, Suecia. Inaugurado en 1990, é o museo que máis visitantes recibe de toda Escandinavia, con arredor de 800.000 ao ano.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/59/Vasamuseet_2008.jpg/300px-Vasamuseet_2008.jpg)
Garda un dos poucos buques do século XVII que se conservan en perfecto estado malia que foi afundido durante unha travesía en 1628. O buque, amais, é quen dá nome ao museo, o Vasa, e ao seu redor sitúanse diversas exposicións que informan acerca da súa historia e dos obxectos que se atopan a bordo.