Murph
músico estadounidense
Emmett Jefferson "Murph" Murphy III (nado o 21 de decembro de 1964 en Amherst, Massachusetts) é un músico estadounidense coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Dinosaur Jr.
![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1964 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico ![]() |
Período de actividade | 1984 ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Selo discográfico | Homestead Records ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarMurphy uniuse a Dinosaur Jr. despois de ser o batería da banda de hardcore punk All White Jury. Coa chegada de Murphy, J Mascis cambiou a batería pola guitarra e as voces. Murph estivo na banda ata que a abandonou no ano 1993 para unirse a The Lemonheads.
En abril de 2005 regresou a Dinosaur Jr. con J Mascis e Lou Barlow, reformando a formación orixinal do grupo. A banda gravou Beyond en 2007 e Farm en 2009, e leva xirando por todo o mundo dende o seu regreso.