Beyond é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., publicado o 1 de maio de 2007 a través do selo Fat Possum Records. Foi o seu primeiro disco nunha década despois do Hand It Over de 1997, e o primeiro coa formación orixinal do grupo dende o Bug de 1988.

Beyond
Álbum de Dinosaur Jr.
Publicado1 de maio de 2007
Gravaciónsetembro-decembro de 2006
Estudio(s)Bisquiteen, Amherst
Duración49:34
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, noise rock
Selo(s)Fat Possum Records
Producido porJ Mascis
Cronoloxía
Hand It Over Beyond Farm

Promoción editar

A banda planeou unha xira mundial en 2007[1] e tocou o tema "Almost Ready" no programa Late Show with David Letterman para promocionar o álbum.[2] Realizouse un vídeo para "Been There All the Time", con Thurston Moore de Sonic Youth e a súa filla Coco. O vídeo foi dirixido por Matt Dillon.[3]

Edición editar

O álbum foi publicado a través do selo Fat Possum Records nos Estados Unidos[4] e a través de Play It Again, Sam en Europa,[5][6] Australia, Nova Zelandia[7] e o Xapón.[8] Tamén foi editado en Ucraína a través do selo Moon Records.[9] As versións de edición limitada tanto de Fat Possum como de PIAS conteñen un disco de 7" extra co tema "Yer Son".[10][11] Os respectivos selos reeditarían o álbum en 2014, 2015 e 2016,[12] tendo o último deles unha versión descargable en MP3.[13]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por J Mascis agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Almost Ready"    3:08
2. "Crumble"    4:04
3. "Pick Me Up"    6:32
4. "Back to Your Heart"  Lou Barlow 4:31
5. "This Is All I Came to Do"    5:21
6. "Been There All the Time"    3:40
7. "It's Me"    5:14
8. "We're Not Alone"    4:35
9. "I Got Lost"    4:37
10. "Lightning Bulb"  Barlow 3:45
11. "What If I Knew"    4:01
49:34
Cancións extra da edición xaponesa
N.º Título Duración
11. "Yer Son"   2:51
12. "Tiny Town"   0:40

Notas editar

  1. "New Album News... 'Beyond' will be released May 1st on Fat Possum Records". Dinosaur Jr. 2007-02-03. Archived from the original on 03 de febreiro de 2007. Consultado o 2019-04-03. 
  2. Evandro Depiante (2009-07-15). "Dinosaur Jr. - Almost Ready (Live Letterman 2007)". Consultado o 2019-04-03. 
  3. "New Dinosaur Jr Video – “Been There All The Time”". Stereogum. 2007-04-13. Consultado o 2019-04-03. 
  4. "Dinosaur Jr. - Beyond (Estados Unidos)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  5. "Dinosaur Jr. - Beyond (Europa)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  6. "Dinosaur Jr. - Beyond (Europa)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  7. "Dinosaur Jr. - Beyond (Nova Zelandia)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  8. "Dinosaur Jr. - Beyond (Xapón)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  9. "Dinosaur Jr. - Beyond (Ucraína)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  10. "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  11. "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  12. "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  13. "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.