Munster Blackwater

O Munster Blackwater ou simplemente Blackwater, (en irlandés An Abhainn Mhór ou An Abha Mhór no dialecto de Munster) é un río irlandés que flúe a través dos condados de Kerry, Cork e Waterford. É un dos ríos de Irlanda nos que se dá mellor a pesca de salmóns e ten unha lonxitude total de 169 quilómetros.

Munster Blackwater
O Munster Blackwater ó seu paso pola vila de Fermoy.
PaísIrlanda Irlanda
Lonxitude169km
DesembocaduraMar Céltico

Nace nas montañas Mullaghareirk do condado de Kerry, e atravesa as vilas de Mallow e Fermoy, xa no condado de Cork. Despois entra no condado de Waterford pasando por Lismore e Cappoquin, ata que finalmente desemboca no Mar Céltico.