Mullo é un deus celta. É coñecido polas inscricións atopadas nas que aparece asociado ó deus Marte na forma de Marte Mullo. O culto deste deus era popular no norte e noroeste da Galia, particularmente na Bretaña e en Normandía. A palabra Mullo pode denotar unha asociación cos cabalos ou coas mulas (é a palabra latina de "mula").

Pedra dedicada a Marte Mullo (Rennes, Musée de Bretagne).

Marte Mullo tiña un templo circular en Craon, Mayenne, situado na confluencia de dous ríos. Unha inscrición en Nantes reflicte a presenza dun santuario. Debeu existir un importante centro de culto en Rennes, a capital tribal dos redones.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Michael Jordan, Encyclopedia of Gods, Kyle Cathie Limited, 2002
  • Miranda J.Green, Dictionary of Celtic Myth and Legend, Thames and Hudson Limited, 1997