Mul de Kent

Mul (anglosaxón: Mūl: Mūl, literalmente "mula"), finado en 687, puido gobernar brevemente como rei de Kent despois da conquista polo seu irmán, Caedwalla de Wessex, en 686.

Mul de Kent
Nacementoséculo VII
Falecemento687
Lugar de falecementoReino de Kent
Causamorte na fogueira
SoterradoAbadia de Santo Agostinho
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
PaiCenberht
IrmánsCædwalla de Wessex
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O pai de Mul era Coenberht, cousa que o fai un membro da Casa de Wessex (un descendante de Cynric). O nome Mul é moi infrecuente e considerouse que deriva do latino mulus, que significa mula, unha palabra que se sabe que entrara no léxico do anglosaxón; o máis seguro é que fose un alcume que se volveu habitual[1].

A Crónica anglosaxoa relata que en 686, "Caedwalla e Mul, o seu irmán, devastaron Kent e Wight". En 687, con todo, informa que "Mul foi queimado en Kent, e 12 outros homes con el; e que ese ano Caedwalla devastou de novo Kent".

En 694, segundo a Crónica anglosaxoa, a xente de Kent púxose de acordo con Ine, sucesor de  Caedwalla, e concedeulle unha suma "porque queimaran a Mul antes".

O reinado de Mul aparece mencionado nun documento de Swæfheard[2].

NotasEditar

  1. Britons and Saxons: The Chiltern Region 400-700.
  2. Swæfheard

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Mul 1 en Prosopography de Inglaterra anglosaxoa.