Movimiento Alternativo Social

O Movimiento Alternativo Social (MASS) (Movemento Alternativo Social en galego) foi un partido político español cuxo ámbito é a provincia de León en Castela e León. Foi fundado en 2006 e inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior o 19 de maio de devandito ano.[1] Preséntouse a varios procesos electorais, con resultados testemuñais. O seu fundador e presidente foi o antigo secretario provincial do Partido Popular en León e deputado nacional Ángel Escuredo, que deixou o partido, xunto con Fátima López Placer, procuradora do Partido Popular nas Cortes de Castela e León, deputada provincial, vicepresidenta da Deputación de León para O Bierzo e concelleira do concello de Priaranza do Bierzo (alén de ex-concelleira do equipo de goberno do PP no concello de Ponferrada durante o goberno de Ismael Álvarez), e xunto con outros douscentos militantes en marzo de 2006 para crear o MASS.[2]

Movimiento Alternativo Social
Tipopartido político
Data de fundación19 de maio de 2006
SedePonferrada
PaísEspaña
Na rede
http://www.massespana.es/
editar datos en Wikidata ]

O MASS presentouse ás eleccións municipais de 2007, en coalición coa Unión do Pobo Leonés, nos 39 concellos do partido xudicial de Ponferrada.[3] A coalición obtivo 8193 votos e 38 concelleiros en 22 concellos, sen conseguir ningunha alcaldía.[4]

A finais de 2007, o MASS rompeu o seu pacto electoral coa Unión do Pobo Leonés, trala dimisión do secretario xeral de UPL, Joaquín Otero. O MASS non participou nas eleccións xerais de 2008 nin colaborou coa UPL, o que supuxo a práctica desaparición desta do Bierzo (337 votos ao Congreso, 558 ao Senado).

No ano 2008 manifestaron publicamente a súa intención de presentarse en toda a provincia de León, nun congreso celebrado en Ponferrada ao cal acudiron como convidados varios representantes da política leonesa e de partidos rexionalistas e nacionalistas.[5]

En 2011, o partido logrou 4.779 votos (1,7% dos votos totais) nas eleccións ás Cortes de Castela e León dese ano e nas municipais 8.309 votos (2,91% dos votos totais) e 34 concelleiros na provincia de León.[6]

Nas eleccións municipais e autonómicas do ano 2015 non se presentaron en ningunha circunscrición electoral.

Notas editar

  1. "Registro de Partidos Políticos del Ministerio del Interior". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  2. Una «fuga anunciada» sin importancia, noticia de El Norte de Castilla, 26 de marzo de 2006
  3. Objetivo conseguido: MASS-UPL presenta 39 candidaturas Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., entrada no blog do MASS.
  4. "Resultados del MASS-UPL en las elecciones municipales de 2007." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2009. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  5. "El Mass se postula como alternativa provincial al PP y al PSOE". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar