Movemento Estudantil Universitario
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
A asociación estudantil Movemento Estudantil Universitario é unha organización de representación de estudantes universitarios con presenza na universidade galega. Nada en decembro do 2010, aposta por unha universidade única, pública, galega, internacional, cogobernada e corresponsábel.[1]
Movemento Estudantil Universitario | |
---|---|
Tipo | organización estudantil |
Data de fundación | 2010 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNos anos 90, en reacción ao que se definiu como seguidismo á UPG por parte dos CAF, creouse a primeira edición desta organización. Representou unha alternativa moi forte no nacionalismo universitario,[Cómpre referencia] pero a súa presenza, malia ser maioritaria, foi efémera. Permaneceu moi escaso tempo no panorama universitario.
Houbo que agardar varios anos para que no ano 2010 un novo grupo de estudantes, partindo tamén do desentendemento coa rama universitaria da UPG, representada amplamente nos Comités, decidiran desempoar o símbolo do trevo, contribuíndo a unha catarse no nacionalismo estudantil, comprobable na presenza de tres organizacións, a Liga Estudantil Galega, os Comités e o propio MEU.
O 15 de decembro de 2010 aparece, de xeito oficial, e con carácter nacionalista o Movemento Estudantil Universitario (MEU).
O seu Portavoz Nacional, dende a súa fundación no 2011, é Anxo Teixeiro Fernández.
Notas
editar- ↑ "El Movemento Estudantil Universitario escoge hoy su Executiva Nacional". Consultado o 4 de novembro de 2020.