Motorola DynaTAC

O teléfono móbil Motorola DynaTAC 8000X foi desenvolto no ano 1983 por Motorola, sendo o primeiro teléfono móbil do mundo sostíbel cunha man e foi posto á venda o 13 de marzo do mesmo ano.[1] Pesaba 800 gramos e medía 33 por 4,5 por 8,9 centímetros.[2] Na data de saída ao mercado do produto, custaba 3.995 dólares estadounidenses[3] e a súa batería tiña unicamente a autonomía dunha hora en conversación. Un ano máis tarde (1984) 300.000 persoas compraran o terminal. Este primeiro paso da revolución móbil veu da man de Rudy Krolopp.[1]

Motorola DynaTAC 8000X.

A Serie DynaTAC foi sucedida pola Serie MicroTAC en 1989, e esta á súa vez pola Serie StarTAC. "TAC" era unha de abreviatura de Total Area Coverage nas tres series.[2]

Martin Cooper utilizando un Motorola DynaTAC.

DescriciónEditar

A serie DynaTAC 8, Classic, Classic II, Ultra Classic e Ultra Classic II tiña unha pantalla que usaba LED de 7 segmentos vermellos; a serie DynaTAC International, LED verdes, e a DynaTAC 6000 XL usaba unha pantalla fluorescente sen carga. Estas pantallas limitaban severamente a información que podían amosar. A batería permitía unha chamada de ata só 60 minutos, despois do cal era necesario recargar o teléfono (10 horas nun cargador lento ou unha hora nun cargador rápido), que se vendía como un accesorio separado. O 6000 XL, aínda que conservaba o nome de DynaTAC, non tiña ningunha relación coa serie DynaTAC 8000, xa que era un teléfono transportábel destinado a ser instalado nun vehículo.[4]

Ademais do típico teclado numérico (keypad) telefónico, tiña nove teclas especiais, situadas debaixo deste:

  • Rcl (Recall).
  • Clr (Clear).
  • Snd (Send).
  • Sto (Store).
  • Fcn (Function).
  • End (End).
  • Pwr (Power).
  • Lock (Lock).
  • Vol (Volume).

ModelosEditar

America series (analóxico)

  • DynaTAC 8000X
  • DynaTAC 8000 L
  • DynaTAC 8000 S
  • DynaTAC 8000 M
  • DynaTAC 8500x
  • DynaTAC 8900x (1989)
  • International 3200/3300
  • Ultra Classic/II

International series (GSM)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Motorola DynaTAC: el primer teléfono móvil llegó al mercado hace 30 años". Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Motorola DynaTAC 8000X". Motorola Mobility 2011. 
  3. Así fue la primera llamada por celular, hace 46 años. www.estrategiaynegocios.net.
  4. Steve Winder; Joseph J. Carr (2002). Newnes Radio and RF Engineering Pocket Book. Newnes. pp. 210–. ISBN 978-0-7506-5608-5.