Motor con espira en curtocircuíto

O motor con espira en curtocircuíto ou de polos sombreados é un motor eléctrico monofásico de corrente alterna, que se utiliza cando se require pouca potencia e robustez.

Motor con espira en curtocircuíto.

Principio de funcionamento editar

O motor con espira en curtocircuíto é basicamente un motor co rotor en gaiola que está formado por un estator cun núcleo de polos saíntes e un rotor en gaiola, este motor non leva debandado auxiliar, no seu lugar leva unhas espiras ao redor das masas polares formadas por aneis de cobre que están cubrindo unha parte de cada polo, e que se denominan espiras de sombra que están desfasadas 180º.

Ao aplicarlle corrente eléctrica prodúcese un campo magnético variable no interior do núcleo ferromagnético, que ao alimentar as espiras que se encontran en cutocircuíto conséguese que se xere un fluxo diferente ao lado no que non hai espira. A diferenza non chega a alcanzar os 90º pero é suficiente para que o fluxo magnético pase a ter unha inclinación que atravese o rotor e faga que poida funcionar o motor.

O sentido de xiro é desde o lado sen sombra para o lado sombreado, posto que o ángulo de fase entre as seccións sombreadas e non sombreadas é pequeno, e pode variarse invertendo a posición do circuíto magnético do estator. A velocidade do motor dependerá do número de polos que teña o motor.

 
Aneis de cobre.

Entre as súas vantaxes están o seu baixo custo, a súa construción sinxela e a súa robustez, máis ten como desvantaxes a pouca potencia, o pouco par de arranque e a baixa eficiencia.

Adoita utilizarse en pequenos aparellos eléctricos de potencias de ata 300W coma ventiladores de equipos informáticos ou motores de tocadiscos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar