Un motor compound (ou motor de excitación composta) é un motor eléctrico de corrente continua no que a excitación é orixinada por dous debandados indutores independentes; un disposto en serie con debandado inducido e outro conectado en derivación co circuíto formado polos debandados: inducido, indutor serie e indutor auxiliar.

Motor eléctrico compound.

Os motores compound teñen un campo serie sobre o tope do debandado do campo shunt. Este campo serie, que consiste de poucas voltas dun arame groso, é conectado en serie coa armadura e leva a corrente da armadura.

O fluxo do campo serie varía directamente a medida que a corrente da armadura varía, e é directamente proporcional á carga. O campo serie conéctase de xeito que o seu fluxo se engada ó fluxo do campo principal shunt. Os motores compound conéctanse normalmente deste xeito e denomínanse como compound acumulativo.

Isto lle confire unha característica de velocidade que non é tan “dura” ou plana coma na do motor shunt, nin tan “suave” coma nun motor serie. Un motor compound ten un limitado rango de debilitamento de campo; a debilitación do campo pode resultar en exceder a máxima velocidade segura do motor sen carga. Os motores de corrente continua compound son utilizados onde se require unha resposta estable de par constante para un amplo rango de velocidades.

O motor de excitación composta é un motor de excitación ou campo independente con propiedades do motor serie. O motor da un par constante por medio do campo independente ó que se engade o campo serie cun valor de carga igual co inducido. Cantos máis amperios pasan polo inducido máis campo serie se orixina, sempre sen pasar do consumo nominal.

Utilízanse en grúas, ventiladores, prensas e en máquinas que requiren un elevado par de arranque coma compresores, laminadoras…

Véxase tamén editar

Outros artigos editar