Moscatel de Setúbal

O Moscatel de Setúbal é un viño xeneroso portugués con denominación de orixe controlada (DOC), procedente da rexión demarcada de Setúbal, que abrangue os concellos de Palmela, Setúbal e parte de Sesimbra.

Os viños teñen unha gradación de entre 17º e 20º. Existen dous tipos de Moscatel de Setúbal, o branco e o tinto, elaborados respectivamente a partir das castes Moscatel de Setúbal e Moscatel Galego Roxo.

Ligazóns externas

editar