Abrir o menú principal

Santa Eulalia de Mos é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.585 habitantes (793 mulleres e 792 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.501 habitantes.[1]

Mos
Igrexa de Santa Baia de Mos, Mos.jpg
Igrexa de Santa Baia de Mos.
ConcelloMos
Poboación1.585 hab. (2014)
Entidades de poboación6

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial está situada a carón do pazo de Mos, orixinario do século XVI. Foi incendiado polas tropas francesas durante a guerra da independencia española, ao se negaren os marqueses de Mos a recoñecer a José Bonaparte como rei de España. Logo de estar en ruínas durante case dous séculos, foi restaurado recentemente.

O 20 de setembro de 2008 inaugurouse xunto ao camposanto un monumento ás 29 persoas alí fusiladas durante a guerra civil española. A escultura é obra de Marcos Escudero.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MosEditar

Lugares da parroquia de Mos no concello de Mos (Pontevedra)

O Castro | A Gándara | As Regadas | A Rúa | Santa Marta | A Zapateira

Parroquias de MosEditar

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Consultado o 27/2/2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar