Montes de Brión
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os montes de Brión son unha chaira de monte baixo situada en Brión (Ferrol), entre a ría de Ferrol e o val de Doniños. Son 220 ha, cubertas principalmente por toxo, e de propiedade municipal. Está situado a entre 200 e 250 metros de altitude, e neles catalogáronse 39 mámoas, algunhas delas intactas.
O 25 de agosto de 1800 tivo lugar a batalla de Brión, na que unha frota inglesa de 15 000 soldados enfrontouse na Chá de Brión aos defensores de Ferrol, uns 5 000 efectivos. O día 27 volveron embarcar en Doniños.[1]
Durante o franquismo o monte foi expropiado. En 2004 o monte foi cedido ao concello de Ferrol para a construción dun centro loxístico para o porto exterior de Ferrol, proxecto que non se chegou a realizar. Dende entón os veciños sosteñen un litixio pola titularidade do monte[2]. O proxecto para achegar o tren ao porto exterior de Ferrol proxecta un túnel baixo o monte[3].
Topónimos
editar- Cha de Brión
- Montes do Gato