Monan Patera

cráter na lúa de Xúpiter, Ío

Monan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 113 kms de diámetro e está situado a 19,72° N 105,39° O. O nome de Monan provén da mitoloxía brasileira, onde Monan era un deus que destruíu o mundo con lume e inundación, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1]

Monan
Imaxe de alta resolución de Monan Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 112,89 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 19,72° N 105,39° O[1]
Procedencia do nome Deus orixinario do brasil que destruíu o mundo con lume e inundacións.[1]

Monan Patera ten unha depresión en forma de verme bastante peculiar ó norte dos contrafortes da alongada montaña Monan Mons, ó sur da cal está Ah Peku Patera. Ó leste está o centro eruptivo de Amirani, e o norte está Skythia Mons. Cara ao leste está Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.[2] Monan Patera ten unhas marxes norte e sur moi semellantes que indican que podería terse formado coma unha cunca e que despois sería recuberta de lava.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Monan Patera on Io". Consultado o 03-08-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  3. Jani Radebaugh, Laszlo P. Keszthelyi, Alfred S. McEwen, Elizabeth P. Turtle, Windy Jaeger, e Moses Milazzo (2001). "Paterae on Io: A new type of volcanic caldera?" (PDF). Journal of Geophysical Research 106: 33,005–33,020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar