Mommy (filme de 2014)

filme de 2014 dirixido por Xavier Dolan

Mommy é un filme canadense de 2014 escrito e dirixido por Xavier Dolan e protagonizado por Anne Dorval, Antoine Olivier Pilon e Suzanne Clément. A historia céntrase nunha nai cun fillo adolescente violento que loita para controlar o seu comportamento nun futuro hipotético no que os pais teñen a opción legal de ingresar fillos problemáticos en hospitais públicos.

Mommy
Ficha técnica
Título orixinalMommy
DirectorXavier Dolan
Produtor
GuiónXavier Dolan
Intérpretes
MúsicaNoia
FotografíaAndré Turpin
MontaxeXavier Dolan
Estudio
DistribuidoraLes Films Séville
EstreaFestival de Cannes: 22 de maio de 2014
19 de setembro de 2014
Duración138 minutos[1]
Orixe Canadá
XéneroDrama
Orzamento4,9 millóns de dólares[2]
Recadación13,1 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt3612616 Filmaffinity: 656945 Allocine: 223002 Rottentomatoes: m/mommy_2015 Mojo: mommy Allmovie: v597500 Metacritic: movie/mommy Netlix: 80013476Editar o valor em Wikidata

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014, onde gañou o Premio do Xurado. Converteuse nun éxito de recadación e da crítica, conseguindo máis de 13 de millóns de dólares en todo o mundo. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse

editar

No Canadá, promúlgase unha lei a partir de 2014 (Lei 14 S), que permite que os pais de nenos e adolescentes con dificultades, doenza ou problemas de comportamento, poidan levalos a un hospital psiquiátrico.

Diane, unha viúva de corenta anos que vive nos suburbios de Montreal, faise cargo do seu fillo Steve, que estaba ingresado nunha institución polo seu comportamento. Steve é un adolescente que sofre un trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH11). A súa violenta e perigosa conduta lévao a graves consecuencias.

Personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (29 de xaneiro de 2015). "Mommy (15)". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  2. Daudens, Florent; Niosi, Laurence (26 de maio de 2014). Ici.radio-canada.ca, ed. "Mommy et les autres : combien coûte un prix à Cannes?". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  3. Box Office Mojo (ed.). "Mommy (2014)". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  4. @. "non. Steven Chevrin. Un très beau mannequin alors je suis flatté merci!" (Chío) – vía Twitter. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar