Peixe pau
Peixe pau Molva dypterygia | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Peixe pau | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Molva dypterygia Pennant, 1784 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
O peixe pau,[1][2] Molva dypterygia, tamén coñecida como maruca azul,[3] é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos lótidos, que vive nas costas do Atlántico norte.
Esta especie, descrita por Pennant en 1784 (como Gadus dypterygius), vive nas primeiras capas das augas profundas, polo que aínda é pouco coñecida. Ademais, é unha das numerosas especies de peixes cuxas poboacións parece que diminúen rapidamente desde que, na década dos anos 1970, os arrastreiros pescan nas zonas onde os reprodutores se reúnen para a posta.
Moitas veces o peixe pau é confundido cunha especie moi semellante, Molva macrophthalma, a maruca do Mediterráneo,[3] de xeito que nalgunhas estatísticas sobre pesca, e en moitos mercados, estas marucas aparecen indistintamente cun ou outro nome.[4]
Características
editarAnatomía
editarMoi semellante á maruca, da que se diferenza pola forma do corpo, moito máis alongada, ademais pola mandíbula proxectada cara á adiante, superando ao maxilar superior.[5] Mide xeralmente de 70 a 110 cm de longo, pero a lonxitude máxima é de 155 cm.[6]
A cabeza é grande, así como os ollos, presentando unha única barbela no mento. Ten dúas aletas dorsais, a primeira pequena, triangular, e con de 10 a 12 raios; a segunda é longa, estendéndose desda a primeira até o pedúnculo caudal; a aleta anal é semellante á segunda dorsal, pero máis curta; as pectorais son estreitas e alongadas, e as pelvianas, situadas debaixo da cabeza, teñen o segundo raio máis longo que os outros. O corpo está cuberto de pequenas escamas e é de cor cobriza polo dorso, cos flancos de cor azul prateada e o ventre é abrancazado.[2]
Hábitat e bioloxía
editarVive en augas profundas, entre os 350 e os 500 m, aínda que se ten atopado entre os 200 e os 1 000 m. Aliméntase de crustáceos e de peixes (gobios, peixes planos e outros),[2] e de diversos invertebrados bentónicos.
Alcanza a madurez sexual entre os 6 e os 12 anos de idade, reproducíndose de maio a xuño en fondos de 500 a 1 000 m.[2]
A súa área de distribución abarca gran parte do Atlántico norte, desde as costas do norte do Canadá (península do Labrador e a illa de Terra Nova, o sur de Groenlandia, Islandia o norte da península Escandinava e Rusia occidental, até as costas da Península Ibérica, o norte de Marrocos e o Mediterráneo occidental, pasando polas cosas das illas Azores.[6][7]
En Galicia
editarEn Galicia varios autores rexistraron a súa presenza, como de Buen, en 1932, citándoa como M. elongata (un sinónimo de M. macrophthalma) ou Lozano e Rey, que a cita en Pontevedra en 1960 como M. macrophthalma; Fernández et al. (1978, 1979) e Fariña et al. (1983), e como M. dypterygia, en toda a plataforma continental galega en fondos de máis de 200 m, desde a desembocadura do Miño até Ribadeo.[5]
Notas
editar- ↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rodríguez Villanueva et al. (1995)
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000)
- ↑ Ver páxinas 17 a 23 da avaliación do 2008 do ICES ICES Advice 2008, Book 9.
- ↑ 5,0 5,1 Solórzano et al. (1983)
- ↑ 6,0 6,1 Icelandic Fisheries Arquivado 24 de setembro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Mapa en FishBase Arquivado 23 de agosto de 2013 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingïue de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Blue ling en Icelandic Fisheries. (en inglés)
- Molva dypteygia (Pennant, 1784) en FishBase. (en inglés)