Moeda dun franco Sementadora (1960-2001)

moeda circulante francesa
1 franco Sementadora (1960-2001) [1][2]
A/: A "sementadora". Marca de gravador no exergo: O. Roty.

Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE

R/: Valor facial e póla de oliveira debaixo. Data no exergo.

Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ

O franco Sementadora (en francés: franc Semeuse) é unha moeda con valor facial dun franco francés (franco novo) cuñada entre 1960 e 2001, cando foi substituída polo euro como unidade monetaria da República Francesa.[1][2]

Caracterización editar

Esta moeda retoma o mesmo deseño propio das moedas dun franco (franco vello) de finais do século XIX e principios do século XX, caracterizado pola figura da "Sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911), que chegou a se converter nun símbolo de Francia e que foi utilizado en varias moedas francesas, tanto do franco como do euro.[1][2]

 
Deseño da "Sementadora" de Oscar Roty.

A versión circulante do franco Sementadora foi cuñada en níquel pola Monnaie de Paris. Coñécense tamén algúns rarísimos exemplares de proba cuñados en ouro con data de 1959 que teñen a palabra ESSAI gravada en letras pequenas no campo do anverso, á esquerda da figura da sementadora.[3][4]

Ademais da emisión ordinaria para a circulación, entre 1960 e 1985 cuñáronse versións máis grosas e pesadas desta moeda, coñecidas na tradición numismática francesa como piédfort. O grosor destas pezas é de 3,6 milímetros e o seu peso é de 12 gramos, o dobre que a versión circulante. As súas tiraxes anuais están limitadas a entre os 40 e os 500 exemplares.[5]

Tiraxes editar

Data Exemplares
1960 406.375.000
1961 119.611.306
1962 14.014.136
1964 77.425.000
1965 44.425.000
1966 38.037.967
1967 11.320.000
1968 51.550.000
1969 70.595.000
1970 42.560.000
Data Exemplares
1971 42.575.000
1972 48.250.000
1973 70.000.000
1974 82.235.000
1975 101.685.000
1976 192.520.000
1977 230.085.000
1978 136.580.000
1979 10.000
1980 60.000
Data Exemplares
1981 24.000
1982 63.000
1983 84.400
1984 36.500
1985 6.990.000
1986 15.000
1987 81.000
1988 85.000
1989 83.000
1990 5.000
Data Exemplares
1991 54.988.000
1992 29.968.000
1993 20.000
1994 4.792.000
1995 15.011
1997 15.000
1998 15.000
1999 80.000.000
2000 100.000
2001 20.125.000

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar