Modo de fonación

O modo de fonación é, en fonética e fonoloxía, a clasificación que se fai aos sons dunha lingua segundo se ao producilos hai vibración ou non das cordas vocais.

Modos de produción básicos de son dunha lingua editar

  1. - Coa vibración das cordas vocais prodúcense os sons tonais ou sonoros (vogais, semivogais, nasais etc.).
  2. - Sen vibración das cordas vocais e con interrupcións (totais ou parciais) no fluxo de aire que sae dos pulmóns que dá lugar aos sons xordos (fricativas etc.)
  3. - A combinación de vibración e interrupción, como as oclusivas sonoras (en galego 'b', 'd' e 'g') estas xogan un papel moi importante xa que son as que producen a voz.

Véxase tamén editar